Inicio

Anpa CEIP Plurilingüe Atios

Somos a Asociación de Nais e Pais do C.E.I.P. Plurilingüe de Atios, no Concello do Porriño. A Anpa de Atios é unha asociación sen ánimo de lucro e con total independencia, que serve para representar os intereses do alumnado do centro ante os órganos municipais e rexionais e ante a Dirección e Profesorado do colexio, con quen temos unha colaboración e diálogo constante en beneficio da educación dos nosos fillos e fillas.

O noso colexio, a nosa educación.

Funcións da nosa Anpa

Actividades extraescolares:

Cada curso lectivo poñemos en marcha diversas extraescolares para o alumnado de Atios co fin de que todas as familias poidan acceder a unhas actividades formativas, deportivas e lúdicas a un prezo asequible. Consulta aquí as actividades extraescolares para o curso 2021/2022.

Plan Madruga:

Para axudar a conciliación familiar a Anpa xestiona unha aula matinal de 07:30 a 9:10 da mañá onde poder deixar aos nenos e nenas a cargo de persoal especializado e con posibilidade de almorzo. Infórmate aquí.

Colaboración:

O colexio é unha parte moi importante da vida dos nosos fillos e fillas e queremos asistir aos pais, nais e titores en todo aquilo que concirne á súa educación; promovendo a colaboración entre toda a comunidade educativa e o diálogo constante coa dirección do centro. Queremos mellorar, a través da realización de diversos proxectos, aspectos que xiran ao redor da nosa comunidade. Consulta aquí os nosos avances.

Comunícate coa Anpa

WhatsApp

Creamos un grupo de WhtasApp para as familias socias co obxectivo de informar das actividades da asociación e do colexio.

Buzón e taboleiro

Na entrada do colexio hai un taboleiro no que se comunicará calquera noticia relativa ao Anpa e un buzón onde deixar calquera suxestión ou papeleo.

Somos unha ANPA con ganas e ilusión por mellorar o relacionado co CEIP de Atios e a educación dos nosos fillos e fillas, concientes do tempo que pasan no colexio e a importancia da educación no seu futuro como persoas.

CEIP Plurilingüe de Atios: información útil

Calendario escolar Curso 2021/2022

Tren de merendas

Teléfonos do centro: 886110483 – 886110484  

E-mail: ceip.atios@edu.xunta.es

Web oficial CEIP de Atios

Facebook oficial do noso colexio

Queres formar parte da Anpa?

O primeiro paso para colaborar é formar parte da asociación, facéndote socio/a. Lembra que é bo para o cole, para os nosos fillos e fillas e tamén para as familias.

A directiva da Anpa do CEIP de Atios está formada por un grupo de nais e pais abertos a aquelas suxestións destinadas a mellorar a nosa comunidade educativa. Somos un grupo moi hetereoxéneo de persoas colaborando de xeito desinteresado pola educación dos nosos fillos e fillas. Calquera aportación en tempo, esforzo e apoio será benvida.

Anpa Atios

Padres de alumnos Santa Eulalia del Colegio Público de Atios.

CIF : G-36166007

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos